FIXINCLUDES(1) | FIXINCLUDES(1) |
NAME¶
fixincludes - Reduce o número de #includes nos ficheiros de fontes de KDE
SYNOPSIS¶
fixincludes [-v, --verbose] [-e, --experimental] [-m, --modify] [ficheiro] [--help]
DESCRICIóN¶
fixincludes tenta reducir o número de #includes nos ficheiros de fontes de C++. Grande parte do que fai é específico para as fontes de KDE polo que posibelmente non traballe tan ben con fontes de programas que non sexan de KDE.
Foron identificados os seguintes problemas de fixincludes:
- •
- Incluír cabezallos que deixaron de estar soportados pero que existen por compatibilidades con versións anteriores de Qt/KDE;
- •
- Incluír o mesmo ficheiro múltiplas veces.
Temén hai un modo experimental que tenta eliminar un #include de cada vez (cunhas poucas excepcións) para ver se as fontes aínda compilan. Lembre que este é un modo experimental que modificará as fontes orixinais.
Por omisión, as fontes non serán modificadas; os problemas que sexan identificados serán notificados pola saída estándar.
A lista de fontes C++ a examinar debe ser indicada na liña de comandos. Se non indica nengún ficheiro, todas as fontes C++ no ou dentro do directorio actual serán examinadas (coa excepción dos directorios nos que o seu ficheiro Makefile.am conteña a opción -UQT_NO_COMPAT ou -UKDE_NO_COMPAT)
Esta utilidade forma parte do Kit de Desenvolvimento de Sóftware de KDE.
OPCIóNS¶
- -v, --verbose
- Modo verborreico. Móstrase información adicional de depuración pola saída estándar.
- -e, --experimental
- Modo experimental, definido en detalle anteriormente. Lembre que esta opción implica un --modify.
- -m, --modify
- Ademais de escreber na saída estándar, modificará de verdade as fontes orixinais para corrixir os problemas que fosen encontrados.
AUTORES¶
fixincludes foi escrito por Dirk Mueller <mueller@kde.org>.
AUTHOR¶
Ben Burton.
7 de abril de 2003 |